|
Teléfono Atención
902.500.603
|
|
El Comisionado > Preguntas Frecuentes > Venda con Recarga
- Que son as autorizacións de venda con recarga?
-
- As autorizacións administrativas de venda con recarga dan dereito a vender tabaco cunha recarga fixa sobre os prezos de venda nas Expendedurías de Tabaco e Timbre ("estancos"). A venda realizarase en establecementos mercantís ou doutro xénero con concorrencia de público, mediante o emprego de máquinas expendedoras ou de forma manual nos casos excepcionais previstos na Lei.
- Quen concede as autorizacións?
-
- O Organismo autónomo Comisionado para o Mercado de Tabacos, logo de solicitude polo interesado.
- Podo vender tabaco sen autorización?
-
- Non. A venda con ou sen recarga sen autorización constitúe unha infracción sancionable.
- Quen pode solicitar as autorizacións?
-
- Os solicitantes deben ser persoas físicas ou xurídicas titulares dun establecemento aberto ao público, dos tipos previstos na Lei. Non se lles poderán outorgar autorizacións de venda con recarga a titulares de expendedurías de tabaco e timbre nin a persoas que teñan vinculación persoal ou laboral con calquera operador do mercado de tabacos.
- Que duración teñen as autorizacións de venda con recarga?
-
- As autorizacións teñen unha duración de tres anos, podendo ser renovadas por períodos iguais por solicitude do seu titular.
- Como solicito a autorización?
-
- O solicitante debe dirixirse á Expendeduría de Tabaco e Timbre ("estanco") onde decida subministrarse de labores de tabaco, que debe ser un dos tres máis próximos ao punto de venda do termo municipal ou, se é o caso, entidade local menor de que se trate, tendo en conta que no caso de venda de cigarros pode subministrarse nun estanco distinto ao de abastecemento de cigarros entre os tres máis próximos, e alí lle facilitarán un modelo de instancia en papel autocopiativo con catro exemplares que debe completar. Posteriormente deberá aboar a taxa establecida no modelo de instancia.
Unha vez liquidada a taxa referida, os exemplares correspondentes deberanlle ser remitidos a este Comisionado tanto polo expendedor coma polo interesado, de acordo coas instrucións que figuran no modelo de instancia.
Finalmente, hai que indicar que os trámites se poden realizar por Internet e que dende o 1 de xaneiro de 2006 e namentres se aproban novos modelos de instancia, acompañaranse a declaración responsable referida ás limitacións e prohibicións previstas no ordenamento xurídico, así como os datos de identificación da máquina. Ambos os dous documentos están dispoñibles nas Expendedurías de Tabaco e Timbre e nesta web.
- Hai que pagar algunha taxa?
-
-
Si. Pode consultar a taxa por cada período trienal de concesión ou renovación de concesión da autorización na sección de Taxas desta web (Tarifa 3).
- É obrigatorio subministrarse do estanco onde se realizou a solicitude?
-
-
Si, sempre ha de abastecerse no que regulamentariamente a corresponda. Non se prover na Expendeduría de tabaco e Timbre asignada é unha infracción sancionable.
- Podo fixar os prezos libremente?
-
- Non. Ao igual que para as Expendedurías, os prezos dos labores para a venda con recarga son fixos e publícanse periodicamente no Boletín Oficial do Estado (BOE). Pode consultalos nesta páxina. A venda a prezos distintos aos autorizados é unha infracción sancionable.
- É obrigatorio vender o tabaco con máquina?
-
- Si, coa excepción de cigarros e cigarritos nos bares e restaurantes autorizados.
- Hai restricións á venda de tabaco con recarga?
-
- Si, as establecidas pola normativa sanitaria vixente e, no seu caso, a Comunidade Autónoma onde se realizará a venda. Entre outras:
- Non poderá venderse tabaco en lugares onde exista a prohibición legal de fumar.
- A venda a través de máquina só poderá realizarse en establecementos do tipo dos autorizados pola normativa vixente.
- Na parte frontal das máquinas debe figurar a advertencia de que o tabaco é prexudicial para a saúde.
- Prohíbese a venda con recarga a menores de 18 anos polo que, en caso de venda automática, as máquinas expendedoras deberán estar baixo a vixilancia do titular do establecemento e os seus dependentes, debendo instalar carteis que recorden da devandita prohibición.
- Cales son as infraccións de venda con recarga e a que sancións están suxeitas?
-
-
Son infraccións as seguintes:
- Falseamento de datos consignados na instancia pola que se solicita a autorización.
- Exhibición no exterior do establecemento de calquera tipo de publicidade de marcas ou produtos de labores de tabaco.
- Venda a prezos distintos dos legalmente establecidos.
- Obtención de tabaco dun provedor distinto da expendeduría asignada.
- Ausencia de exhibición en sitio visible das tarifas oficiais de venda con recarga ou do documento acreditativo da autorización.
- Venda de tabaco sen a debida autorización administrativa
- Resistencia, negativa ou obstrución á acción inspectora do Comisionado para o Mercado de Tabacos.
As sancións previstas para as infraccións cometidas polos autorizados para a venda con recarga consisten en multas cuantificadas en función da gravidade da infracción ou a revogación da autorización se se acreditase falsidade de datos na solicitude.
- Como podo denunciar unha infracción?
-
-
Na sección de Infraccións
desta web encontrará información sobre como realizar as denuncias.
|