Comisionado para o Mercado de Tabacos - Ministerio de Economía e Facenda
Comisionado para o Mercado de Tabacos
Páxina Inicial Contactar con el Comisionado
Portada  |  Axuda sobre a Web  |  Mapa da Web  |  Enlaces a outras Webs  |  Consultas sobre a Web     |

Teléfono Atención
902.500.603

Administración Electrónica en el Ministerio de Economía y Hacienda (Abre nueva ventana)>   Administración Electrónica no Ministerio de Economía e Facenda (Abre nova ventá)

El Mercado de Tabacos > Panorámica

A Lei 13/1998, do 4 de maio, de Ordenación do Mercado de Tabacos e Normativa Tributaria introduciu importantes cambios no mercado de tabacos, principalmente:

  • liberalización do sector por xunto (fabricación, importación e distribución por xunto de labores do tabaco)
  • mantemento do réxime de monopolio para o comercio retallista de labores de tabaco (con excepción das Illas Canarias) cuxo titular é o Estado, que o exerce a través da Rede de Expendedurías de Tabaco e Timbre, popularmente coñecidas como estancos
  • creación do Organismo autónomo Comisionado para o Mercado de Tabacos en substitución da Delegación do Goberno no Monopolio de Tabacos. O Comisionado exerce competencias de índole reguladora e de vixilancia para salvagardar a aplicación dos criterios de neutralidade e as condicións de competencia efectiva no mercado de tabacos, e constitúe o órgano de interlocución e relación cos distintos operadores do mercado de tabacos e as organizacións que os representen

O mantemento da titularidade do Estado no monopolio do comercio retallista de labores de tabaco é un instrumento fundamental para o control dun produto estancado como é o tabaco, con notable repercusión sanitaria, tributaria e aduaneira.

O Real Decreto 1199/1999, de 9 de xullo, de desenvolvemento da Lei de Ordenación do Mercado de Tabacos e Estatuto Concesional da Rede de Expendedurías de Tabaco e Timbre, establece o réxime xurídico do comercio retallista de labores de tabaco, configurando os expendedores de tabaco e timbre como concesionarios do Estado e dispón o seu estatuto concesional, no cal se recollen os dereitos e obrigas dos mesmos e as normas básicas para a obtención dunha concesión administrativa.


Comisionado para o Mercado de Tabacos - Paseo de la Habana 140. 28036 Madrid - Telf.: 902.500.603 / 91.745.72.00 - Fax: 91.745.72.12