Comisionado para o Mercado de Tabacos - Ministerio de Economía e Facenda
Comisionado para o Mercado de Tabacos
Páxina Inicial Contactar con el Comisionado
Portada  |  Axuda sobre a Web  |  Mapa da Web  |  Enlaces a outras Webs  |  Consultas sobre a Web     |

Teléfono Atención
902.500.603

Administración Electrónica en el Ministerio de Economía y Hacienda (Abre nueva ventana)>   Administración Electrónica no Ministerio de Economía e Facenda (Abre nova ventá)

Trámites (ver Subsede Electrónica) > Expendedurías

Dende esta páxina pode obter información e documentos sobre os trámites que os expendedores poden realizar perante o Comisionado. A maioría dos trámites poden ser realizados por Internet mediante o Sistema de Tramitación Telemática do Comisionado. Tamén pode consultar a Rede de Expendedurías de Tabaco e Timbre por Comunidades Autónomas.

Na sección de Normativa do Mercado de Tabacos (Normas Xerais) atopará unha relación de normas relevantes para os trámites, en especial a Lei 13/1998, do 4 de maio, de Ordenación do Mercado de Tabacos e Normativa Tributaria e o Real Decreto 1199/1999, do 9 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 13/1998 e se regula o estatuto concesional da rede de expendedurías de tabaco e timbre.

Trámite Información Por Internet
Autorización de Extensión Transitoria
Creación dunha expendeduría temporal con motivo de eventos públicos, feiras e exposicións, etc.
Solicitar información Realizar Trámite por Internet
Autorización para a Venda de Outros Artigos ou Servizos
Venda doutros artigos ou servizos distintos de tabaco, artigos de fumador ou papelaría.
Solicitar información Realizar Trámite por Internet
Autorización de Cambio de Localización
Traslado da expendeduría a outro local situado na mesma área de actuación do lugar orixinario.
Solicitar información Realizar Trámite por Internet
Autorización de Peche Temporal
Peche da expendeduría por causa suficientemente xustificada durante un prazo igual ou superior a 5 días laborables e inferior a 2 anos. Os peches por un prazo inferior a 5 días laborables non requiren autorización previa, pero débenselle comunicar ao Comisionado cunha antelación de 2 días.
Solicitar información Realizar Trámite por Internet
Transmisión de Expendedurías - Intervivos
Transmisión da titularidade dunha expendeduría a cónxuxes, descendentes, ascendentes ou parente colateral ata o terceiro grao.
Solicitar información Realizar Trámite por Internet
Transmisión de Expendedurías - Mortis Causa
Transmisión dunha expendeduría en caso de falecemento do titular.
Solicitar información Realizar Trámite por Internet
Autorización de Obras
Realización de obras que supoña modificación esencial das instalacións, da superficie dedicada á expendeduría ou da súa distribución, ou que implique suspensión da actividade durante un período superior a 15 días.
Solicitar información -
Autorización de Adquisición de Cantidades Superiores
Adquisición de labores de tabaco en cantidades superiores aos límites establecidos pola normativa vixente.
Soliciar información -
Autorización de Almacén
Autorización para almacenar os produtos en locais distintos a onde radiquen as expendedurías ou puntos de venda con recarga.
Solicitar información -
Autorización de Restrición de Horario de Apertura
Restrición do horario de apertura da expendeduría por debaixo dos mínimos indicados no art.º 29.g do Real Decreto 1199/1999.
Solicitar información -


Comisionado para o Mercado de Tabacos - Paseo de la Habana 140. 28036 Madrid - Telf.: 902.500.603 / 91.745.72.00 - Fax: 91.745.72.12