Comisionado para o Mercado de Tabacos - Ministerio de Economía e Facenda
Comisionado para o Mercado de Tabacos
Páxina Inicial Contactar con el Comisionado
Portada  |  Axuda sobre a Web  |  Mapa da Web  |  Enlaces a outras Webs  |  Consultas sobre a Web     |

Teléfono Atención
902.500.603

Administración Electrónica en el Ministerio de Economía y Hacienda (Abre nueva ventana)>   Administración Electrónica no Ministerio de Economía e Facenda (Abre nova ventá)

Trámites (ver Subsede Electrónica) > Venda con Recarga > Devolución da Taxa

COMUNICADO
Os autorizados para venda de tabaco con recarga, afectados pola Lei de Medidas Sanitarias fronte ao Tabaquismo, poden solicitarlle ao Comisionado para o Mercado de Tabacos a devolución das taxas pagadas.
Madrid, 31 de xaneiro de 2006

A entrada en vigor da Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco supuxo a imposibilidade sobrevida na venda de produtos do tabaco respecto dunha serie de autorizados para a venda con recarga que, con iso, deixaron de ter título habilitante para a venda, non obstante ter pagado a correspondente taxa para a obtención deste.

Así dende o 1 de xaneiro de 2006 existen autorizados para a venda con recarga que non poden realizar esta por desenvolver actividades mercantís que teñen excluída de forma expresa a posibilidade da venda de tabaco ou por estar localizados en lugares onde está expresamente prohibida a venda e o consumo do tabaco.

Corresponde así a devolución da parte proporcional da taxa percibida pola autorización que quedou revogada pola Lei 28/2005. Por iso, os afectados deberán dirixirlle a solicitude de devolución da taxa ao Comisionado para o Mercado de Tabacos, completando todos os datos básicos para identificar o titular do dereito e a taxa percibida.

Co obxecto de facilitar a devolución da taxa deseñouse un modelo de solicitude, que se pode descargar dende esta páxina.

Documentos:  Documento PDF Modelo para a devolución da taxa

Os documentos xunto aos que aparece a icona Documento PDF están en formato PDF. Se ten algún problema para visualizalos, visite a sección de Axuda (apartado Descarga de Documentos).


Comisionado para o Mercado de Tabacos - Paseo de la Habana 140. 28036 Madrid - Telf.: 902.500.603 / 91.745.72.00 - Fax: 91.745.72.12