Comisionado para o Mercado de Tabacos - Ministerio de Economía e Facenda
Comisionado para o Mercado de Tabacos
Páxina Inicial Contactar con el Comisionado
Portada  |  Axuda sobre a Web  |  Mapa da Web  |  Enlaces a outras Webs  |  Consultas sobre a Web     |

Teléfono Atención
902.500.603

Administración Electrónica en el Ministerio de Economía y Hacienda (Abre nueva ventana)>   Administración Electrónica no Ministerio de Economía e Facenda (Abre nova ventá)

Trámites (ver Subsede Electrónica) > Venda con Recarga > Solicitude > Nota Informativa

NOTA INFORMATIVA

Dende o día 31 de xaneiro de 2007 entrou en vigor a Orde Ministerial 104/2007, do 25 de xaneiro, pola que se aproba o novo modelo de impreso de declaración-liquidación 598.

A partir da entrada en vigor do Real Decreto 1/2007, a solicitude de autorización non supón autorización provisional da venda con recarga, debendo esperar a autorización definitiva para poder vender labores de tabaco. Dado este feito, para axilizar os trámites e evitar emendas que atrasen a autorización, o solicitante, deberá facer constar todos os datos completos nos espazos correspondentes. Ademais, deberá incluír o número de licenza de actividade outorgada polo Concello e a descrición do obxecto da licenza.

Así mesmo, a partir da entrada en vigor da devandita Orde, consecuencia do Real Decreto 1/2007, xa non é necesario remitir a copia de solicitude do expendedor.

Respecto ao epígrafe III, dedicado á identificación das máquinas expendedoras, cando se presente por primeira vez esta solicitude cumplimentar se unicamente os apartados referentes ao Código, marca, modelo e número de serie da máquina expendedora, tal como o fabricante fixo figurar na propia superficie da máquina. Cando se trate de renovacións de máquinas xa inscritas só figurará o número de matrícula da máquina expendedora que previamente fose asignado polo Comisionado para o Mercado de Tabacos na súa autorización.

Resulta esencial ter presente que non se poderán utilizar fotocopias de documentos obtidos tanto fisicamente como informáticamente, dado que cada documento presentado debe ter o seu número de solicitude independente.

Este modelo, tal como vén sendo habitual, estará dispoñible nas expendedurías. Igualmente está dispoñible na páxina Web deste Comisionado:

  1. Para ser descargado en formato electrónico.
  2. Para completar os datos e presentar a solicitude, logo de ingreso da taxa.
  3. Para realizar a presentación da solicitude e o pagamento da taxa de forma telemática.

Recoméndase a utilización dos medios informáticos para a presentación de solicitudes, dado que a tramitación do expediente é moito máis rápida.


Documentos:  Documento PDF Orde Ministerial EHA/104/2007

Os documentos xunto aos que aparece a icona Documento PDF están en formato PDF. Se ten algún problema para visualizalos, visite a sección de Axuda (apartado Descarga de Documentos).


Comisionado para o Mercado de Tabacos - Paseo de la Habana 140. 28036 Madrid - Telf.: 902.500.603 / 91.745.72.00 - Fax: 91.745.72.12