Comisionado para o Mercado de Tabacos - Ministerio de Economía e Facenda
Comisionado para o Mercado de Tabacos
Páxina Inicial Contactar con el Comisionado
Portada  |  Axuda sobre a Web  |  Mapa da Web  |  Enlaces a outras Webs  |  Consultas sobre a Web     |

Teléfono Atención
902.500.603

Administración Electrónica en el Ministerio de Economía y Hacienda (Abre nueva ventana)>   Administración Electrónica no Ministerio de Economía e Facenda (Abre nova ventá)

Aviso Legal

A información existente neste Portal do Comisionado está suxeita a diferentes normas xurídicas, e explicitamente suxeita ao especificado nesta Advertencia.

1. Exclusión de Responsabilidade no Portal

O Comisionado para o Mercado de Tabacos pon todo o seu interese na creación e posta ao día deste Portal do Comisionado, identificado co nome de dominio "cmtabacos.es", co fin de que a información que contén sexa de utilidade para as persoas e entidades interesadas. Non obstante, o Comisionado non garante a exactitude nin a posta ao día da información que se poida obter deste, a cal poderá ser modificada sen previo aviso.

De acordo coa Lei 11/2007 de Libre Acceso dos Cidadáns aos Servizos Publicos a tramitación electrónica de procedementos en relación co Mercado de Tabacos realizarase a traves da Subsede Electrónica do Comisionado,identificado co nome de dominio "cmtabacos.gob.es"

O identificador de acceso á Subsede electrónica do Comisionado é:

Subsede Electrónica do Comisionado

O Comisionado non asume ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido do Portal. Os acordos, resolucións, circulares e demais documentos ou informacións contidos neste Portal teñen unicamente carácter informativo.

O Comisionado para o Mercado de Tabacos non asume ningunha responsabilidade derivada da existencia de enlaces entre os contidos do Portal e contidos situados fóra deste, agás do acceso á Subsede electrónica, ou de calquera outra mención de contidos externos ao Portal. Tales enlaces ou mencións teñen unha finalidade exclusivamente informativa e en ningún caso implican o apoio do Comisionado ás persoas ou entidades autoras de tales contidos ou titulares dos sitios onde se encontren.

2. Dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial

Os textos, deseños, imaxes, bases de datos, logos, estrutura e demais elementos deste Portal están protexidos polas leis e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual. Calquera reprodución, transmisión, adaptación, tradución, modificación, comunicación ao público, ou calquera outra explotación de todo ou parte do contido deste sitio, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, electrónico, mecánico ou outro, están estritamente prohibidos agás autorización previa por escrito do Comisionado para o Mercado de Tabacos. Calquera infracción destes dereitos pode dar lugar a procedementos xudiciais civís ou penais.

3. Dereito aplicable e xurisdición competente

O uso dos elementos do Portalimplica a aceptación das advertencias legais aquí expresadas e, en especial, de que os conflitos relativos a este sitio se rexerán exclusivamente polo Dereito español, sendo os Xulgados e Tribunais de Madrid os únicos competentes.

© Comisionado para o Mercado de Tabacos, 2010


Comisionado para o Mercado de Tabacos - Paseo de la Habana 140. 28036 Madrid - Telf.: 902.500.603 / 91.745.72.00 - Fax: 91.745.72.12